|
Para facer frente ao reto da complexidade da xerencia sanitaria, os profesionais deben contar coa mellor información e recursos. Para axudar á capacitación dos directivos sanitarios, a EAP coa colaboración da FEGAS lanza este master.
CONTIDOS:
- O plano técnico-operacional: a xestión das operacións e o logro da máxima eficiencia
e calidade nas mesmas.
- O plano económico-financeiro: a xestión económica dos servizos sanitarios.
- O plano humano: a gobernanza de persoas e equipos, entendida como a xestión das
relacións humanas e a dirección de persoas.
- A dirección e organización como disciplina que integra os tres planos anteriores e posibilita unha xestión estratéxica dunha organización sanitaria enmarcada nun contexto que condiciona a súa actividade.
Descargar catálogo Pdf (2.7 Mb) |